Cursa a carreira de Dereito no RCU Mª Cristina adscrito á Universidade Complutense de Madrid, licenciándose en 1992. Ese mesmo ano incorpórase como avogado exercente no Ilustre Colexio de Avogados de Madrid compaxinando o seu labor nun despacho de avogados da capital coa ampliación da súa formación cursando o máster en Práctica Xurídica da Universidade Complutense.
En 1993 inicia a súa andaina en Vigo no seu propio despacho profesional, prestando servizos legais a particulares e PEMES, desenvolvendo a súa actividade en diversos ámbitos xurídicos, en especial nas áreas civil, mercantil, penal, laboral e administrativo. Conta cunha dilatada experiencia no exercicio profesional, fundamentalmente nas áreas mencionadas, así como na dirección letrada ante Xulgados e Tribunais Ordinarios, Extraordinarios en todas as Instancias e Xurisdicións.
Consciente dos continuos cambios que se producen no ámbito legal, mantense ao día na súa formación para conseguir a máxima garantía dun adecuado asesoramento.
Idiomas:
Castelán, Galego, Inglés
Asociacións:
Membro do Ilustre Colexio de Avogados de Vigo
Membro da Asociación Española de Dereito do Consumo
Rúa Regueiro, 10 - 1.º A
36211 Vigo · Pontevedra · España
Teléfono: 986 211 375
Fax: 986 245 220
Email: info@regueiro10.com