O despacho


Regueiro10 abogados & asesores é un despacho multidisciplinar con profesionais con máis de 20 anos de experiencia no sector xurídico, fiscal e laboral.

 

A Nosa motivación son os nosos clientes, aos cales prestamos un servizo xurídico especializado, independente, integral e de calidade nas ramas do dereito civil, mercantil, matrimonial, laboral, penal, administrativo, bancario, concursal, procesual e arbitraxe.

 

Conscientes da necesidade de prestar un asesoramento integral máis aló do netamente xurídico, tamén contamos cunha área de asesoramento fiscal-laboral e de xestoría administrativa, garantindo unha xestión integral.

 

Cremos firmemente no asesoramento preventivo, na vía negociadora e de resolución extraxudicial dos asuntos, recorrendo á vía xudicial só cando sexa imprescindible para a defensa dos intereses encomendados.

 

Esforzámonos en dar un trato personalizado, próximo e continuado aos nosos clientes para que, tras un estudo pormenorizado e multidisciplinar da situación, poder ofrecerlle as vías máis convenientes para a súa resolución.